O Torneo Benéfico Mételle Un Gol Ó Cancro, foi unha iniciativa comezada polo CD Mabegondo, ala por principios do ano 2000. Este xoven equipo que competía en ligas locais, optou pola organización dun evento para recadar fondos para loitar contra esta enfermidade, que estaba moi preto da entidade deportiva.

Co paso dos anos, o evento foi pasando diferentes fases, onde a principal e que máis anos se levou a cabo foi a dun torneo de fútbol sala feminino, con equipos de toda a xeografía galega que se acercaban ata Abegondo, para disfrutar do deporte que lles gustaba, así como para axudar por unha boa causa, conseguindo apoio económico para o Centro Oncolóxico de Galicia.

Grazas o apoio de multitude de empresas diferentes que apoian, tanto economicamente como en especie, para poder facer rifas de diferentes agasallos, entre todos os asistentes o evento, e non asistentes que tamén nos compran as rifas fora do evento, así como a venta de refrescos, cafés e bocadillos no bochinche do pavillón, vanse sumando euros para unha boa causa, á loita contra o cancro.

Sen olvidarnos nunca da parte lúdica, que nos dan os equipos de futsal, e como non o apoio incondicional ano tras ano do R.C. Deportivo de A Coruña, Veteráns do Deportivo, e os artistas da TVG, sendo sempre os primeiros en ofrecerse para participar neste evento que organizamos.