1 - Terreo de xogo, data e hora dos partidos
Os partidos xogaranse no Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo) segundo o calendario previsto.
As horas e o día de celebración dos encontros será marcado pola Organización, facilitándolles a cada equipo un Calendario de Competición.
A data e hora dos partidos non se poderá cambiar, salvo acordó de todos os conxuntos implicados e autorización da organización.
O inicio do partido, por motivo de falta de tempo, deberá ser a hora estipulada no Calendario de Competición.
2 - O balón
A Organización facilitará un balón reglamentario para cada encontro.
Cada equipo deberá levar con eles o partido, polo menos, un balón para poder quentar.
3 - Número de xogadores
Cada equipo deberá estar formado por un mínimo de 5 xogadores, dos cales un deberá actuar como porteiro.
O número de xogadores será de 15, e os respectivos equipos deberán presentar a inscrición completa 10 minutos antes do comezo do seu primeiro partido. Unha vez inscrito o xogador, non se poderá borrar nin cambiar por outro xogador.
Só poderán tomar parte nos encontros aqueles xogadores que figuren na folla de inscrición.
Non se poderán realizar novas incorporacións nin intercambios de xogadores, unha vez iniciada a Competición.
Durante os partidos, os xogadores deberán estar en posesión de algún documento que acredite a súa identidade e mostralo ante o requirimento do Árbitro ou da Organización (DNI ou fotocopia do mesmo, ou ficha da Federación).
Para que dé comezo o partido, é necesario que estén sobre a pista 5 xogadores de cada equipo.
No caso de que sobre da pista non se atopen o citado número de xogadores a hora de comezo do encontro, empezará a correr o tempo no marcador e no caso de que o chegar os cinco minutos de xogo, todavía non se presentou o equipo, o partido será dado por gañado o equipo que si estivese presente na pista.
O número máximo de xogadores por banquillo para cada partido, incluídos as que se atopen xogando, será de 12 xogadores.
En caso de que, por calquera circunstancia, un equipo quedase reducido a 3 xogadores no transcurso do xogo, o Árbitro decretará a suspensión do encontro.
O resultado do citado partido quedará a criterio da Organización.
Permitirase un número indeterminado de cambios e da forma que se indica na Regra III do Regramento da Federación Gallega de Fútbol Sala.
4 - Equipación dos xogadores
As cores das camisetas dos xogadores do mesmo equipo deberán de ser iguais, e a do pantalón será como mínimo similar entre eles.
O porteiro vestirá cores diferentes o dos xogadores de pista do seu equipo, podendo usar pantalón largo e guantes.
Se un equipo non contase cunha equipación igual para todos os seus xogadores, usarán camiseta blanca e petos de cor que lles facilitaría a Organización ou o Árbitro.
En caso de que nun partido coincidan as cores das camisetas dos equipos, o que figure como visitante terá obriga de cambiar a camiseta ou utilizar petos.
Se a cor coincidente fose a do Árbitro, este deberá usar un peto diferenciador.
5 - Árbitros
A súas funcións virán determinadas pola Regla do Regramento da Federación Gallega de Fútbol Sala.
O Árbitro, o finalizar cada encontro, deberá cubrir unha acta do encontro no que quedará reflexado, entre outras cousas, o resultado, a aliñación, os goleadores e, en caso de haber algunha, as incidencias do partido. Esta acta será unha das referencias que terá en conta a Organización ante calquera problema que poida xurdir.
6.1 - Duración dos partidos en FASE PREVIA
O tempo de duración dos partidos é de 30 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 15 minutos, cada unha, con tres minutos de descanso entre ambas.
Permitirase os adestradores/as, delegados/as ou capitáns dos equipos, solicitar un tempo morto en cada encontro disputado, o cal terá unha duración de un minuto.
O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo nos tempos mortos ou en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.
6.2 - Duración dos partidos en SEGUNDA FASE
O tempo de duración dos partidos é de 40 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 20 minutos, cada unha, con catro minutos de descanso entre ambas.
Permitirase os adestradores/as, delegados/as ou capitáns dos equipos, solicitar un tempo morto en cada encontro disputado, o cal terá unha duración de un minuto.
O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo nos tempos mortos ou en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.
6.3 - Duración dos partidos en FINAIS GLOBAIS
Estás finais referímonos os últimos tres encontros de Final Feminina, Final Masculina contra o Depor de Veteráns e a Final de Artistas.
O tempo de duración dos partidos é de 40 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 20 minutos, cada unha, con dez minutos de descanso entre ambas.
Permitirase os adestradores/as, delegados/as ou capitáns dos equipos, solicitar dous tempos mortos, é dicir un tempo morto en cada parte, sendo de 1 minuto de duración cada un dos tempos solicitados.
O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo nos tempos mortos ou en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.
7 - Regras do xogo
As regras que rexirán neste torneo benéfico son as da Federación Gallega de Fútbol Sala.
Recomendamos que se preste especial atención as seguintes regras presentes no Regramento da Federación Gallega de Fútbol Sala
Saque de banda
Saque de esquina
Saque de meta
Tanto marcado
Faltas e incorreccións
Faltas acumulativas
O penalti
Tarxetas
8 - Organización
O Comité de Competición estará constituído pola Organización e o colectivo arbitral.
A constitución do Comité de Competición será secreta e designada pola Organización.
As decisións do Comité de Competición daranse a coñecer verbalmente e por escrito (anunciado no taboleiro) os equipos interesados.
As funcións do Comité de Competición será resolvelas sancións, etc. e sobre calquera conflito ou dubida que poda xurdir o longo do Campeonato.
9 - Sancións
Os xogadores sancionados con tarxeta vermella serán castigados con un (1) partido de suspensión. Está sanción poderá incrementarse se o Comité de Competición así o estimase oportuno.
Os xogadores sancionados con dúas tarxetas amarelas no mesmo partido, terán como sanción a súa suspensión no mesmo partido.
Os xogadores que insulten con gravidade, ou ostentosamente, o árbitro ou os xogadores do equipo rival, serán sancionados coa expulsión inmediata do Torneo.
Os xogadores que agredan de forma intencionada o árbitro ou os xogadores do equipo rival, serán sancionados coa expulsión inmediata do Torneo.
Se varios xogadores do mesmo equipo agreden de forma intencionada o árbitro ou os xogadores do equipo rival, o equipo agresor será sancionado coa expulsión inmediata do Torneo.
O equipo que provoque intencionadamente destrozos nas instalacións onde se desenvolverá o Torneo, será expulsado inmediatamente do mesmo, debendo aboar os gastos de reparacións dos destrozos ocasionados.
O equipo que non esté completo (polo menos 5 xogadores) na pista de xogo 5 minutos despois da hora indicada no Calendario de Competición, será sancionado coa perda do partido, cun marcador de 3 goles a 0 en contra do equipo ausente, sempre e cando este resultado non beneficiase o equipo sancionado en Gol Average.
Se dous xogadores do mesmo equipo fosen expulsados do Torneo por conduta inadecuada, o Comité de Competición reservaríase o dereito de expulsar o resto do equipo.
Os xogadores que non cumpran as normas enunciadas en todos os apartados do Regramento que rixe o Torneo, serán sancionados segundo o estime o Comité de Competición.
As decisións sancionadoras do Comité de Competición non poderán ser recurridas.
En caso de empate en semifinais, 3º / 4º posto, o resultado decidiráse co lanzamento de penaltis. No caso de que esto ocurra na final, primeiro disputarase unha prorroga única de 5 minutos, e se aínda así persistise o empate, procederías o lanzamento de penaltis.
Se un equipo abandonase un partido antes de que o mesmo concluíse, o equipo rival gañará por 3-0 ou polo resultado no momento que o outro equipo decida abandonar o partido, anulando os goles en contra. O equipo gañara 3 puntos e o equipo que abandona, será sancionado coa perda de 3 puntos.