XVI Torneo Mételle un gol ó cancro

Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo) | 26, 27 e 28 de decembro de 2025

Descargas

Sería interesante que descargues estos documentos para ter a túa disposición durante o torneo.

tes dúbidas ?

+34 685 30 35 38

Preguntas frecuentes

Regras do Torneo

1 - Terreo de xogo, data e hora dos partidos

Os partidos xogaranse no Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo) segundo o calendario previsto.

As horas e o día de celebración dos encontros será marcado pola Organización, facilitándolles a cada equipo un Calendario de Competición.

A data e hora dos partidos non se poderá cambiar, salvo acordó de todos os conxuntos implicados e autorización da organización.

O inicio do partido, por motivo de falta de tempo, deberá ser a hora estipulada no Calendario de Competición.

2 - O balón

A Organización facilitará un balón reglamentario para cada encontro.

Cada equipo deberá levar con eles o partido, polo menos, un balón para poder quentar.

3 - Número de xogadores

Cada equipo deberá estar formado por un mínimo de 5 xogadores, dos cales un deberá actuar como porteiro.

O número máximo de xogadores será de 15, e os respectivos equipos deberán presentar a inscrición completa no formulario de inscrición o torneo. Unha vez inscrito o xogador, non se poderá borrar nin cambiar por outro xogador.

Só poderán tomar parte nos encontros aqueles xogadores que figuren no formulario de inscrición.

Non se poderán realizar novas incorporacións nin intercambios de xogadores, pola vinculación nominativa existente dos xogadores inscritos e o seguro de accidentes deportivos tramitado pola organización.

Durante os partidos, os xogadores deberán estar en posesión de algún documento que acredite a súa identidade e mostralo ante o requirimento do Árbitro ou da Organización (DNI ou fotocopia do mesmo, ou ficha da Federación).

Para que dé comezo o partido, é necesario que estén sobre a pista 5 xogadores de cada equipo.

No caso de que sobre da pista non se atopen o citado número de xogadores a hora de comezo do encontro, empezará a correr o tempo no marcador e no caso de que o chegar os cinco minutos de xogo, todavía non se presentou o equipo, o partido será dado por gañado o equipo que si estivese presente na pista.

O número máximo de xogadores por banquillo para cada partido, incluídos as que se atopen xogando, será de 15 xogadores.

En caso de que, por calquera circunstancia, un equipo quedase reducido a menos de 3 xogadores no transcurso do xogo, o Árbitro decretará a suspensión do encontro.

O resultado do citado partido quedará a criterio da Organización.

Permitirase un número indeterminado de cambios e da forma que se indica na Regra III das Regras do xogo do Futsal 2025/26 de FIFA.

0
mínimo de xogadores
0
máximo de xogadores
0
xogadores por partido

4 - Equipación dos xogadores

As cores das camisetas dos xogadores do mesmo equipo deberán de ser iguais, e a do pantalón será como mínimo similar entre eles.

O porteiro vestirá cores diferentes o dos xogadores de pista do seu equipo, podendo usar pantalón largo e guantes.

Se un equipo non contase cunha equipación igual para todos os seus xogadores, usarán camiseta blanca e petos de cor que lles facilitaría a Organización ou o Árbitro.

En caso de que nun partido coincidan as cores das camisetas dos equipos, o que figure como visitante terá obriga de cambiar a camiseta ou utilizar petos.

Se a cor coincidente fose a do Árbitro, este deberá usar un peto diferenciador.

5 - Árbitros

A súas funcións virán determinadas polas Regras do xogo do Futsal 2025/26 de FIFA.

O Árbitro, o finalizar cada encontro, deberá cubrir unha acta do encontro no que quedará reflexado, entre outras cousas, o resultado, a aliñación, os goleadores e, en caso de haber algunha, as incidencias do partido. Esta acta será unha das referencias que terá en conta a Organización ante calquera problema que poida xurdir.

6.1 - Duración dos partidos en FASE PREVIA

O tempo de duración dos partidos é de 30 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 15 minutos, cada unha, con dous minutos de descanso entre ambas.

Na fase previa non se permitirán solicitudes de tempo morto.

O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.

6.2 - Duración dos partidos en SEGUNDA FASE

O tempo de duración dos partidos é de 40 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 20 minutos, cada unha, con catro minutos de descanso entre ambas.

Permitirase os adestradores/as, delegados/as ou capitáns dos equipos, solicitar un tempo morto en cada encontro disputado, o cal terá unha duración de un minuto.

O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo nos tempos mortos ou en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.

6.3 - Duración dos partidos en FINAIS GLOBAIS

Estás finais referímonos os últimos tres encontros de Final Feminina, Final Masculina e encontro do Depor de Veteráns e os Artistas.

O tempo de duración dos partidos é de 40 minutos cronometrados, divididos en dúas partes de 20 minutos, cada unha, con dez minutos de descanso entre ambas.

Permitirase os adestradores/as, delegados/as ou capitáns dos equipos, solicitar dous tempos mortos, é dicir un tempo morto en cada parte, sendo de 1 minuto de duración cada un dos tempos solicitados.

O partido será a tempo corrido, é dicir, o cronómetro non se parará salvo nos tempos mortos ou en casos excepcionais como lesións, etc. que debe de valorar o árbitro. En caso de que o balón saia fora da pista, non se deterá o xogo, senón que se continuará con un dos balóns de reserva.

7 - Regras do xogo

As regras que rexirán neste torneo benéfico son as da Real Federación Galega de Fútbol e da Real Federación Española de Fútbol.

Recomendamos que se preste especial atención as seguintes regras presentes nas Regras do xogo do Futsal 2025/26 de FIFA.

  • Saque de banda
  • Saque de esquina
  • Saque de meta
  • Tanto marcado
  • Faltas e incorreccións
  • Faltas acumulativas
  • O penalti
  • Tarxetas

8 - Organización

O Comité de Competición estará constituído pola Organización e o colectivo arbitral.

A constitución do Comité de Competición será secreta e designada pola Organización.

As decisións do Comité de Competición daranse a coñecer verbalmente e por escrito (anunciado no taboleiro) os equipos interesados.

As funcións do Comité de Competición será resolver as sancións, etc. e sobre calquera conflito ou dubida que poda xurdir o longo do Campeonato.

9 - Sancións

Os xogadores sancionados con tarxeta vermella serán castigados con un (1) partido de suspensión. Está sanción poderá incrementarse se o Comité de Competición así o estimase oportuno.

Os xogadores sancionados con dúas tarxetas amarelas no mesmo partido, terán como sanción a súa suspensión no mesmo partido.

Os xogadores que insulten con gravidade, ou ostentosamente, o árbitro ou os xogadores do equipo rival, serán sancionados coa expulsión inmediata do Torneo.

Os xogadores que agredan de forma intencionada o árbitro ou os xogadores do equipo rival, serán sancionados coa expulsión inmediata do Torneo.

Se varios xogadores do mesmo equipo agreden de forma intencionada o árbitro ou os xogadores do equipo rival, o equipo agresor será sancionado coa expulsión inmediata do Torneo.

O equipo que provoque intencionadamente destrozos nas instalacións onde se desenvolverá o Torneo, será expulsado inmediatamente do mesmo, debendo aboar os gastos de reparacións dos destrozos ocasionados.

O equipo que non esté completo (polo menos 5 xogadores) na pista de xogo 5 minutos despois da hora indicada no Calendario de Competición, será sancionado coa perda do partido, cun marcador de 3 goles a 0 en contra do equipo ausente, sempre e cando este resultado non beneficiase o equipo sancionado en Gol Average.

Se dous xogadores do mesmo equipo fosen expulsados do Torneo por conduta inadecuada, o Comité de Competición reservaríase o dereito de expulsar o resto do equipo.

Os xogadores que non cumpran as normas enunciadas en todos os apartados do Regramento que rixe o Torneo, serán sancionados segundo o estime o Comité de Competición.

As decisións sancionadoras do Comité de Competición non poderán ser recurridas.

En caso de empate en semifinais, o resultado decidiráse co lanzamento de penaltis.

No caso de que esto ocurra na final, primeiro disputarase unha prorroga única de 5 minutos, e se aínda así persistise o empate, procederías o lanzamento de penaltis.

Se un equipo abandoase un partido antes de que o mesmo concluíse, o equipo rival gañará por 3-0 ou polo resultado no momento que o outro equipo decida abandonar o partido, anulando os goles en contra. O equipo rival gañara 3 puntos e o equipo que abandona será sancionado coa perda de 3 puntos.

Regras do xogo do Futsal 2025/26 de FIFA

Lembrámosche que para participar no torneo é fundamental coñecer o Regulamento oficial de Fútbol Sala para a tempada 2025/2026.

👉 Podes descargalo directamente desde a nosa páxina web: [descargar aquí]

💡 Revisar as normas é importante para garantir o xogo limpo e a mellor experiencia para todos os participantes.

Se tes dúbidas, non dubides en contactar connosco. Preparámonos para un torneo cheo de deporte, solidariedade e moita ilusión! 🙌

Venres 26 de decembro de 2025

HoraCategoríaEncontroResultado
17:00FEMININAWell es Bien - Alamar Femenino2-1
17:35MAS – GR ACrendes FS - Los Amigos de Gerpe6-1
18:10FEMININAXuventude de Crendes - Chispas0-6
18:45MAS – GR BGol por la vida - SIORMA0-4
19:20FEMININAGrupo Work - Sanpe FC4-0
19:55MAS – GR AMainzo FC - La Rivera2-1
20:30FEMININAAlamar Femenino - Chispas2-3
21:05MAS – GR BeMPedra - Alamar club vela lixeira5-1
21:40FEMININAGrupo Work - Well es Bien2-2
22:15MAS – GR APumas - Crendes FS1-3
22:50FEMININAXuventude de Crendes - Sanpe FC0-11
23:25MAS – GR BGol por la vida - Becani1-4

Sábado 27 de decembro de 2025

HoraCategoríaEncontroResultado
09:30MAS – GR ALa Rivera - Los Amigos de Gerpe1-3
10:05FEMININAGrupo Work - Xuventude de Crendes10-0
10:40MAS – GR ACrendes FS - Mainzo FC1-5
11:15MAS – GR BBecani - SIORMA1-2
11:50MAS – GR BAlamar club vela lixeira - Gol por la vida1-7
12:25FEMININAChispas - Sanpe FC4-4
13:00FEMININAAlamar Femenino - Xuventude de Crendes3-2
13:35MAS – GR ALos Amigos de Gerpe - Pumas2-2
14:10MAS – GR ALa Rivera - Crendes FS2-8
14:45MAS – GR BBecani - eMPedra0-3
15:20MAS – GR BSIORMA - Alamar club vela lixeira6-1
15:55FEMININAChispas - Grupo Work1-2
16:30FEMININASanpe FC - Well es Bien5-2
17:05MAS – GR APumas - La Rivera7-2
17:40MAS – GR ALos Amigos de Gerpe - Mainzo FC0-6
18:15MAS – GR BeMPedra - Gol por la vida1-2
18:50FEMININAAlamar Femenino - Sanpe FC1-8
19:25MAS – GR BAlamar club vela lixeira - Becani0-11
20:00FEMININAWell es Bien - Xuventude de Crendes8-1
20:35FEMININAAlamar Femenino - Grupo Work1-5
21:10MAS – GR AMainzo FC - Pumas2-3
21:45FEMININAWell es Bien - Chispas4-0
22:20MAS – GR BSIORMA - eMPedra3-2

Domingo 28 de decembro de 2025

HoraCategoríaEncontroResultado
11:00FEMININASemifinal 1: Grupo Work vs Chispas5-1
11:50FEMININASemifinal 2: Sanpe FC vs Well es Bien3-5
12:40MASCULINASemifinal 1: Mainzo FC vs Becani4-1
13:30MASCULINASemifinal 2: SIORMA vs Crendes FS3-5
14:30 - 17:30DESCANSODESCANSODESCANSO
17:30FINAL FEMININAGrupo Work vs Well es Bien2-4
18:30TROFEO MARY CARMEN PRESASVeteranos RC Deportivo – Ardebullo FC9-8
19:30FINAL MASCULINAMainzo FC vs Crendes FS3-4

Clasificación Masculina

GRUPO A

PosiciónEquipoPJVEDGFGCPuntos
1Mainzo FC43011559
2Crendes FS43011899
3Pumas42111397
4Los Amigos de Gerpe41125154
5La Rivera40046200

GRUPO B

PosiciónEquipoPJVEDGFGCPuntos
1SIORMA440015412
2Becani42021656
3eMPedra42021166
4Gol por la vida420210106
5Alamar Club Vela Lixeira40043290

Clasificación Feminina

PosiciónEquipoPJVEDGFGCPuntos
1Grupo Work541023413
2Sanpe FC5311281110
3Well es bien531118910
4Chispas521214127
5Alamar Femenino51048203
6Xuventude de Crendes50053380

Todos os partidos disputaranse no Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo) nas datas e horas establecidas pola Organización, segundo o Calendario de Competición.

Cada equipo debe estar composto por un mínimo de 5 xogadores, incluíndo o porteiro, e un máximo de 15 xogadores inscritos.

Se un equipo non conta con polo menos 5 xogadores na pista no momento estipulado para o inicio do partido, comezará a correr o tempo. Se despois de 5 minutos o equipo segue incompleto, darase o partido por gañado ao equipo presente.

  • Fase previa: 30 minutos (dúas partes de 15 minutos con 2 minutos de descanso).
  • Segunda fase: 40 minutos (dúas partes de 20 minutos con 4 minutos de descanso).
  • Finais globais: 40 minutos (dúas partes de 20 minutos con 10 minutos de descanso).

No caso de empate na final, primeiro xogarase unha prórroga única de 5 minutos. Se persiste o empate, decidirase o gañador mediante o lanzamento de penaltis.