● XVII edición · Inscrición aberta

Nadal de 2026,
nadal de futsal

Volvemos á carga coa décimo sétima edición do Torneo Benéfico Mételle un gol ó cancro. Coma sempre, no Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo).

días
horas
min
Inscrición aberta ata o 3 de decembro
Cando

26 e 27 de decembro

Onde

Pavillón de San Marcos

Inscrición

Ata o 3 de decembro

Cota solidaria

12 € por persoa

Benvid@ a Mételle un gol ó cancro

Estamos a preparar a décimo sétima edición

O Torneo Benéfico Mételle un gol ó cancro naceu da man do CD Mabegondo a principios dos anos 2000, para recadar fondos contra unha enfermidade que estaba moi preto do club.

Co paso dos anos converteuse nun torneo de fútbol sala feminino e masculino, con equipos de toda a xeografía galega, que xoga por unha boa causa: apoiar o Centro Oncolóxico de Galicia.

Este ano agardámosvos os días 26 e 27 de decembro no Pavillón Municipal de San Marcos. E se non podes vir, nesta páxina atoparás outras formas de colaborar coa causa.

XVII
edicións
2
días de futsal
2
categorías: feminina e masculina
3.000 €
entregados ao COG en 2026
Queres participar?

Inscribir o teu equipo é moi doado

1

Inscribe o teu equipo

Facilítanos o nome do equipo e os datos de cada participante (para o seguro de accidentes).

2

Confirmación

Revisamos os datos e formalizas a inscrición co ingreso da cota.

3

A adestrar!

Só che queda adestrar moito para chegar en óptimas condicións ao torneo.

#HoxeVaiPorTi

Na edición do ano 2015, realizamos un tema musical cun carácter moi de Nadal, que quixemos adicar a todos aqueles que tes preto e que están loitando contra o cancro ou xa o padeceron, porque #HoxeVaiPorTi