Un novo gol contra o cancro: MUGOC presenta o libro solidario ‘Presas de historias’ co apoio de Fran González e os Veteranos do Dépor

Home > Single Post

Subscibr For our newsletter

Downloads

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit ut elit tellus..

A Asociación MUGOC (Mételle un Gol ó Cancro) celebrará este martes, 3 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro Oncolóxico de Galicia, un acto que volverá unir deporte, cultura e solidariedade: a presentación oficial do libro ‘Presas de historias. Deporte e paixón‘.

O evento contará coa presenza de Fran González, ex-xogador e histórico capitán do RC Deportivo da Coruña, autor do prólogo da obra, así como coa participación dos Veteranos do Dépor, encabezados por Manolete, que quixeron arroupar esta iniciativa solidaria.

Na mesa tamén estarán:

José Núñez, secretario da Asociación MUGOC

Isabel Blanco, actriz e presentadora da TVG, e autora dun dos relatos do libro

– Un representante do Centro Oncolóxico de Galicia

Durante o acto presentarase Presas de historias, unha obra coral que reúne diferentes voces vinculadas ao ámbito deportivo e cultural para reflexionar sobre a superación, a memoria e a paixón como motor colectivo. O libro está dedicado a Mary Carmen Presas, figura que simboliza o espírito de compromiso e unión que inspira esta iniciativa.

O acto incluirá tamén un momento simbólico de colaboración solidaria entre a asociación e o Centro Oncolóxico de Galicia, reafirmando o compromiso de MUGOC coa loita contra o cancro.

Firma de exemplares ao remate do acto

Ao finalizar a presentación, algúns dos autores estarán dispoñibles para asinar exemplares do libro, que poderá adquirirse no propio Centro Oncolóxico durante o evento.

Con esta iniciativa, MUGOC continúa ampliando as súas accións solidarias, combinando deporte, cultura e implicación social nun proxecto que medra ano tras ano.

 

CONVOCATORIA

Data: Martes, 3 de marzo de 2026
Hora: 12:00 h
Lugar: Centro Oncolóxico de Galicia
Motivo: Presentación do libro solidario Presas de historias e entrega de doazón o Centro Oncolóxico de Galicia

Picture of Organización

Organización

Mételle un gol ó cancro