Home > Single Post
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit ut elit tellus..
Desde a organización do Torneo Benéfico “Mételle un Gol ó Cancro” queremos expresar o noso máis sentido pesar polo falecemento de Mary Carmen Presas, unha das grandes impulsoras deste evento solidario. A súa dedicación, compromiso e entrega deixaron unha pegada inesquecible no noso proxecto, e será sempre unha figura fundamental na historia deste torneo.
Como mostra de agradecemento e respecto, realizaremos unha modificación no logo oficial do torneo. A partir deste momento, as cores do anagrama do logo (MUGOC) cambiarán, destacando as iniciais “M” e “C” cunha cor diferente, en homenaxe ao nome de Mary Carmen.

A última edición do torneo, celebrada hai apenas 12 días, contou coa súa presenza activa, inmersa na organización e compartindo ilusión cos seus veteráns do RC Deportivo, un equipo ao que tanto tempo e paixón dedicou ao longo da súa vida.
Ademais, a organización do torneo está a traballar na constitución dunha asociación nos vindeiros meses, coa intención de continuar difundindo a súa mensaxe solidaria e concienciar sobre a loita contra o cancro. Esta asociación organizará charlas e actividades de sensibilización, ao tempo que asumirá a xestión das futuras edicións do torneo benéfico.
Mary Carmen seguirá sempre presente nos nosos corazóns, inspirándonos a continuar co seu legado e contribuír, como ela sempre fixo, a esta importante causa.
Grazas a todas e todos pola vosa comprensión e apoio neste momento tan significativo para a organización.
Unha aperta solidaria,
Organización do Torneo Benéfico “Mételle un Gol ó Cancro”
Mételle un gol ó cancro
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.