Volvemos. Volve este nadal ó Pavillón Municipal de San Marcos (Abegondo) o torneo benéfico Mételle un gol ó cancro. Na que será xa a edición 14 do torneo.
Para os que esto seña algo novo, recordarvos un pouco do evento benéfico. O Torneo Benéfico Mételle un gol ó cancro, foi unha iniciativa comezada polo CD Mabegondo, ala por principios do ano 2000. Este xove equipo que competía en ligas locais, optou pola organización dun evento para recadar fondos para loitar contra esta enfemidade, que estaba moi preto da entidade deportiva.
Co paso dos anos, o evento foi pasando diferentes fases, onde a principal e que máis anos se levou a cabo foi a dun torneo de fútbol sala feminino, con equipos de toda a xeografía galega que se acercaban ata Abegondo, para disfrutar do deporte que lles gostaba, así como para axudar por unha boa causa, conseguindo apoio económico para o Centro Oncolóxico de Galicia.
Grazas o apoio de multitude de empresas diferentes que apoian, tanto económicamente como en especie, para poder facer rifas de diferentes regalos, entre todos os asistentes o evento, e non asistentes que tamén nos compran as rifas fora do evento, así como a venta de refrescos, cafés e bocadillos no bochinche do pavillón, vanse sumando euros para unha boa causa, a loita contra o cancro.
Sen olvidarnos nunca da parte lúdica, que nos dan os equipos de futsal, e como non o apoio incondicional ano tras ano do Deportivo de Veterans, sendo sempre os primeiros en ofrecerse para participar neste evento que organizamos.
Estamos moi ledos, pola aceptación que está a ter este evento e gostaríanos contar con todos vos os próximos días 28, 29 e 30 de decembro de 2018 no Pavillón Municipal de San Marcos. E senon podes estar, nestas páxina atoparás diferentes formas coas que poderás colaborar coa causa, sempre e cando seña do teu interés.
Grazas por pasarte a coñecernos, e esperamos vernos en persoa este nadal!!